martes, 30 de octubre de 2012

PREPARANDO O MAGOSTO...

O día 12 de novembro imos celebrar o Magosto!

Xogos de sempre, lendas e castañas levarannos a entender como o Magosto é unha tradición viva nos Ancares.

Vivos e vivas están as  nosas avóas e avós, ben coñecedoras da importancia desta festa na comarca...
Imos contar coa súa presenza para que nos transmitan os seus coñecementos sobre esta tradición.

Marabillosas persoas portadoras de tradición oral e sabiduría popular!


lunes, 29 de octubre de 2012

BENVIDA!

Benvidos e benvidas ao blog da escola.

Será un novo lugar de encontro onde atoparnos, desta vez virtualmente.

Esperamos que disfrutemos moito deste novo espazo de encontro!!