Hoxe reflexionaremos sobre esta NOVA que acaba de chegar as nosas mans.
O coñecemento do medio implica ter criterio para opinar, debatir e sacar conclusións sobre os impactos que algunhas actividades humanas teñen sobre o medio no que vivimos e que serán o soporte para o noso desenvolvemento como persoas no futuro.
Imos pois a darlle lectura e opinar sobre a nova que onte nos deron a coñecer os medios de comunicación.
Este é o blog de C.M. do grupo de nenos e nenas de 5º curso do CEIP San Xoán, situado na montaña luguesa, na comarca dos Ancares. Esperamos o disfrutes!
miércoles, 24 de abril de 2013
O Río Donsal
Seguimos avanzando no coñecemento do medio e onte saímos a percorrer o Río Donsal, afluente do Río Navia.
Un río que discorre polo noso Concello e que goza dunha ruta de sendeirismo que nos permitiu reflexionar sobre o aproveitamenteo da auga e a importancia da mesma para a vida do ser humano.
Observamos como é posible desenvolver unha actitude de respecto ao medio mediante o coidado das fontes, dos banzados, dos regos nos prados e moitas cousas máis.
Outra da reflexión que fixemos foi sobre os recursos dos que dispoñemos na nosa comarca e o seu aproveitamento por parte das persoas que habitan aquí. Por exemplo o aproveitamento de boas zonas para a extracción dun produto tan doce como a mel, actividade moi común nas aldeas.
Entre as plantas que recoñecemos estaban o rusco, a primavera ou a menta entre outras. As árbores que atopamos foron: carballos, amieiros, bidueiros, castiñeiros, espiños e moitas outras que dan mostra da biodiversidade propia da zona.
Aquí tedes FOTOS DA ACTIVIDADE que vos darán unha pista do día que disfrutamos.
Do memos xeito, e cadrando que o Día do Libro se cruzou no noso camiño, aproveitamos para ler lendas e ditos relacionados coas aldeas certificando así a importancia da auga no Concello de Becerreá.
Estes son algunhas das historias que os nenos e nenas de 3º recompilaron para nós.

lunes, 15 de abril de 2013
Saímos á cidade de A Coruña
Saímos da escola e imos á cidade de A Coruña... Mirade aquí algunhas fotos do día.
Despois de traballar cos materiais do Proxecto Terra durante uns días imos ver na realidade a importancia da axeitada xestión do territorio e como inflúen na paisaxe as diferentes actividades dos seres humanos.
Reflexionaremos tamén sobre as diferenzas do territorio: as nosas aldeas e vila e unha cidade...
Teñen algo en común?
En que se asemellan? Cales son as diferenzas?
Para animar o día e, a proposta de Gema, a mestra de música, imos axudarnos coa canción "Don't worry, be happy!"
Agora que o sol nos acompaña... Disfrutade dela e moi bo día de coñecemento e aprendizaxe fóra das aulas!
martes, 19 de marzo de 2013
A LONTRA, A AUGA E AS ÁRBORES NOS ANCARES
A LONTRA, o maior animal acuático e carnívoro que habita os ríos dos Ancares, lévanos a coñecer, na Semana da Árbore e a Auga, cales son os principais ríos da nosa comarca e as súas características.
Por que é posible que a lontra sobreviva nos nosos ríos?
Que condicións precisa ter a auga que por eles discorre para permitir a vida de animais coma este?
Imos ver se descubrimos algo da man do libro de contos "VIAXE POLOS RÍOS E AS ÁRBORES DOS ANCARES".
A escritora nacida en Becerreá, Helena Villar Janeiro, fálanos no xornal "El Correo Gallego" sobre o libro, así como da importancia da celebración deste día. Podes ver o enlace ao artigo de opinión publicado no xornal aquí.
HELENA VILLAR JANEIRO
Días da árbore e da auga
A ESTAS alturas do mes de marzo, tocando o equinocio de primavera, prepáranse as celebracións do renacer da vida no noso ámbito xeográfico. A Terra, maltratada polos humanos, está sometida a unha degración que se inicia na parte habitada e acaba nos océanos a través das primeiras canles de comunición e propiciadoras de recursos vitais: os ríos. Ademais dos residuos nocivos que eles arrastran, está o problema da deforestación que acarrea a sobreexplotación do planeta. A merma arbórea fai recuar os espazos necesarios para o almacenamento da auga e a produción do osíxerno imprescindible para a vida.
Tomar conciencia dos problemas medioambientais leva a acotar zonas privilexiadas dotándoas de protección que preserve parte da biosfera e compense dos abusos dun desenvolvemento desaprensivo que só busca beneficios económicos, e cada vez fai máis ricos aos ricos e máis pobres aos pobres.
Ante uns feitos tan ameazadores para a vida do planeta, as accións compensatorias teñen que ir dirixidas á prevención, concienciando á sociedade e servíndose da educación institucional. A defensa do medioambiente é un contido compartido por todas as áreas do curriculum, pero precisa tamén tratamento puntual. Nesta dirección vai o libro que ven de editar a Deputación de Lugo sobre un dos espazos de máis forza telúrica da provincia, Os Ancares, celebrando alí os Días Mundias da Árbore e da Auga (21 e 22 de marzo).
Viaxe polos ríos e árbores dos Ancares. Reserva da Biosfera, é un pequeno manual que motiva o coñecemento dos montes ancareses de Navia, Cervantes e Becerreá mediante un percorrido no que se enlazan relatos literarios de nove escritores e escritoras vinculados a Lugo con cadansúa fotografía ilustrativa das diferentes paraxes desas montañas, desde a morea glaciar de Piornedo ata o Navia. Os microrrelatos van enchendo de maxia literaria a vida daquelas terras unidos polo fío condutor dunha pita do monte, ave protexida que adorna coas súa presenza as paisaxes que vai mostrando á infancia lectora.
Dirixido aos centros de ensino primario, incorpora ao principio un pequeno esquema como suxerencia das actividade de cada un dos días e remata con tres páxinas de información complementaria e debidamente fragmentada para aprofundar no coñecemento do bosque, das árbores e da auga.
martes, 12 de marzo de 2013
A AUGA, UN BEN NECESARIO PARA A VIDA DAS PERSOAS.
A auga, un ben necesario para a vida das persoas, será o tema que nos ocupe agora unha tempada.
En Galicia sempre se escribiu sobre a auga, sobre os ríos, as lagoas... A súa importancia é e foi vital para o desenvolvemento da vida e da economía.
Manuel María, poeta da Terra Chá, escribira algunhas palabras sobre o río Miño:
"O Miño é vello e é tristeiro:
sempre vai mudo e vai senlleiro.
No inverno semella que marmura
un sagredo con forte voz escura.
Ún escoita, atento e espranzado,
e o vello Miño sempre vai calado."
Será esta sinal da importancia da auga para ás persoas?
Logo de buscar na biblioteca libros que nos falen da auga, imos ver "El hombre y la Tierra: la conquista del agua."
Félix Rodriguez de la Fuente fálanos dunha ave e un mamífero que se adaptaron perfectamente á vida nos ríos de montaña.
miércoles, 6 de marzo de 2013
MIGRACIÓNS NAS NOSAS FAMILIAS
Sendo as migracións un fenómeno mundial, hoxe imos coñecer a experiencia de Miguel e Carmen, os avós de Samara e Xoel que nos falarán sobre a súa experiencia como emigrantes na década dos 60.
De seguro a súa experiencia nos axudará a comprender moito mellor a emigración e a inmigración e trataremos de comprender que non é algo tan lonxano, se non que está moi presente na nosa realidade actual.
Agardamos disfrutar da compañía na escola!

A emigración no Concello de Becerreá from crislgt
Algunhas fotos do día compartido...
E para rematar o video da canción "Papeles mojados" de Chambao, na que nos fala da outra cara: a inmigración en España.
Algunhas fotos do día compartido...
E para rematar o video da canción "Papeles mojados" de Chambao, na que nos fala da outra cara: a inmigración en España.
lunes, 4 de marzo de 2013
OS SECTORES ECONÓMICOS NA PRENSA E A DEBATE
Cinco de cada cen persoas en España e doce de cada cen en Galicia traballan no sector primario.
Sendo no noso concello, o Concello de Becerreá, un 80 % da poboación a que traballa neste sector imos observar a seguinte gráfica:
Cal foi a evolución dos diferentes sectores económicos dende o ano 1900 ata o ano 2010?
Cal foi o sector económico que maior evolución experimentou?
Que sucede co sector secundario?
E co primario?
Imos ver agora un par de noticias de actualidade. Un artigo do xornal "El País" do domingo 25 de novembro de 2012 relacionada coa industria alimentaria.
Para Todos La 2 - ONG: Grain
Suscribirse a:
Entradas (Atom)